Risco natural

Unha vila costeira de Sumatra devastada tralo tsunami de 2004.

Un risco natural é aquel fenómeno físico que produce un dano no ambiente e como consecuencia pode producir desastres ou catástrofes naturais, que causan crises nos diferentes sectores da sociedade.

O impacto dos riscos naturais pódese reducir de diferentes maneiras como por exemplo por campañas de prevención, adoptando políticas de xestión adecuadas, mellorando a comprensión dos fenómenos xeodinámicos dos propios riscos...

O termo risco natural vén dado pola seguinte expresión:

RISCO = PERIGOSIDADE + VULNERABILIDADE

A perigosidade refírese á probabilidade de que un determinado fenómeno se poida producir ou non. A vulnerabilidade é o impacto do fenómeno sobre a sociedade.

É necesario facer diferenza entre riscos actuais e riscos potenciais:

  • Riscos actuais: como por exemplo un acuífero contaminado que esta empregándose, un volcán en erupción. Estes riscos fan dano aínda sen desenvolver todo o seu potencial.
  • Riscos potenciais: un volcán inactivo, unha aba en equilibrio estrito son exemplos.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy